Comeza o asfaltado da PO-223 ao seu paso por Lérez
Por Oskar Viéitez
A Consellería de Infraestruturas comezou este xoves as obras de reforzo do firme na estrada PO-223 ao seu paso pola parroquia de Lérez.
Os traballos, que contan cun orzamento de 48.400 euros, suporán o reforzo do firme localizado da PO-223, dende a travesía de Pontevedra ata a travesía do Arco, con medidas destinadas a incrementar a seguridade dos peóns e a rehabilitación do firme.
O obxectivo da obra é o reforzo da sinalización e o balizamento nos pasos de peóns, mediante a colocación de sinais verticais luminosas e a través do estreitamento dos carrís antes dos pasos.
Ademáis impedirase aparcar nos dez metros anteriores para garantir a súa visibilidade mediante a colocación de balizas. Tamén mellorarase a accesibilidade nos paos de peóns, especialmente no que enlaza co centro de saúde, e construirase dous pequenos tramos de senda para dar continuidade ao itinerario peonil na continuación do paso superior sobre a estrada nacional N-550, de 35 metros de lonxitude, así como no cruzamento coa rúa que sube cara ao centro de saúde, ao longo de 20 metros. Finalmente, estenderase microaglomerado no tramo e repintarase.
Os traballos contan cun prazo de execución de dous meses e non será necesario expropiar terreos, xa que todos son de dominio público da estrada.