VIDEO.- Cinco detidos nunha nova redada da Garda Civil contra o trapicheo de drogas no Vao
Por Natalia Puga
Mes e medio despois da última macro redada da Garda Civil no poboado do Vao, os axentes do instituto armado regresaron este mércores á mesma zona do asentamento para un novo control que se saldou con cinco detidos e a intervención dunha pequena cantidade de droga.
Esta última redada é a continuación da anterior, que permitiu a detención de 26 persoas e e o ingreso en prisión dos xefes de catro clans dedicados á venda de droga polo miúdo no Vao de Abaixo. Nesta ocasión, foron detidos dous homes e tres mulleres que serán postos a disposición xudicial ao longo da xornada do xoves.
O operativo contou coa coordinación, de novo, do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra e a Fiscalía Antidroga e supuxo o rexistro de dous domicilios e unha chabola, nas que foron intervidas 85 papelinas de substancia estupefaciente (heroína e cocaina) xa dispostas para a venda e unha báscula de precisión das habitualmente utilizadas para pesar drogas para a súa venda polo miúdo.
Ademais, os axentes da Garda Civil interviñeron nos rexistros 675 euros en efectivo e incautaron un vehículo.
A última operación, bautizada como Clavao, lograra o gran éxito de que, por primeira vez, permitiuse acreditar que as persoas que se dedican ao trapicheo de drogas nesa zona funcionan como un conxunto e non como entes illados.
Así, permitiu a desarticulación de catro clans que presuntamente se dedicaban ao tráfico de drogas e que se repartían o traballo por quendas. Un clan realizaba as vendas durante unha semana mentres os outros se mantiñan inactivos e así ían substituíndose.
Os catro clans teñen xa persoas con antecedentes policiais e xudiciais por tráfico de drogas por dedicarse á venda de droga desde este poboado e, entre eles, están o clan da Coneja, o da Madalena e o da Joaquina. As matriarcas dos tres ingresaron en prisión e tamén o do cuarto grupo familiar investigado.
Relacionadas:
-
A redada da Policía Nacional no Vao, centrada en poñer coto ao tráfico medio de heroína e haxix
Por Natalia Puga |
-
Unha decena de detidos nunha nova redada da Policía Nacional no poboado do Vao
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada
-
O ocaso dos vellos narcos: caen Sito Miñanco, Manuel Charlín e Tania Varela
Por Natalia Puga |
-
Ingresan en prisión dous dos cinco detidos na última redada contra o trapicheo de drogas no Vao
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A última macro redada no Vao, un éxito que levou a prisión aos líderes de catro clans
Por Natalia Puga |
-
VÍDEO.- Dous dos 26 detidos na 'Operación Clavao' no poboado chabolista do Vao xa están en prisión
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- A Garda Civil detén 23 persoas nunha operación antidroga no poboado do Vao
Por Natalia Puga & Mónica Patxot | Creada e actualizada