VÍDEO.- Sorrisos transformadores desde a Deputación para un colectivo discriminado
Por Redacción
Estudantes de varios centros da provincia asistían este martes ao acto que se desenvolvía na Deputación de Pontevedra co obxectivo de dar visibilidade ás persoas transexuais.
Cristina Palacios, presidenta de Arelas, explicaba que con motivo do Día internacional da Memoria Trans, hai que ter en contar a necesidade de respectar, defender e sensibilizarse con todas as persoas, referíndose a "mozas, mozos e moces". Nos xardíns do Pazo Provincial, a presidenta da institución Carmela Silva explicaba que todas as persoas son iguais e, ao mesmo tempo, diferentes e hai que defender os dereitos sen que ninguén diga como hai que vivir.
Nese sentido, Silva sentenciou. "Esta batalla ímola gañar, si ou si. As causas xustas sempre gañan" para, a continuación, dar paso a Brais, unha persoa integrante deste colectivo que falou da discriminación que se sofre e lamentou a actitude por parte da Xunta de Galicia á que culpou de non recoñecer os dereitos das persoas que forman parte do movemento LGTBI.
Despois, Brais descobría un banco de cores que visibilice o colectivo trans ante calquera persoa que pasee pola contorna das Palmeiras. Xa no interior do Pazo, proxectábase o documental 'Sorrisos transformadores', realizado por Noemí Chantada, no que se narran as experiencias vividas por menores trans.
Relacionadas:
-
Realizan pintadas no banco que simboliza ao colectivo trans nos xardíns da Deputación
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
"Pinto e Maragota", un programa municipal para unha Pontevedra sexualmente diversa
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, decidida a visibilizar a comunidade LGTBI e combater o seu acoso escolar
Por Redacción |
-
Palabras para (Trans)formar a visión dos futuros profesionais da educación
Por Redacción |
-
Carmela Silva considera unha "vergoña" que o PP non aprobe a lei de identidade de xénero
Por Oskar Viéitez |