Ence prevé case dobrar a súa EBITDA, que acadará os 550 millóns de euros en 2023
Ence Enerxía e Celulosa presentou o seu Plan Estratéxico 2019-2023, que contempla alcanzar un EBITDA de 550 millóns de euros dentro de cinco anos, a prezos constantes da celulosa. Así, prevé que o negocio da celulosa eleve a súa EBITDA ata os 400 millóns de euros e o de enerxía ata 150 millóns en 2023.
Para iso, Ence levará a cabo un plan de investimentos produtivos de 1.100 millóns de euros durante o próximos cinco anos, a fin de impulsar o seu crecemento e a súa diversificación para aproveitar as claras oportunidades de crecemento que se presentan para a compañía.
Os investimentos respectarán os niveis de apancamento máximo establecidos pola compañía despois do pago do 50% do beneficio neto en dividendos: 2,5 veces EBITDA no negocio de Celulosa e 4,5 veces no de Enerxía Renovable.
Na presentación do Plan Estratéxico no Día do Investidor da compañía, Ignacio Colmenares, conselleiro delegado de Ence, afirmou que co novo plan "aproveitaremos ao máximo as importantes oportunidades do mercado da celulosa e da enerxía, e lograremos practicamente dobrar o noso EBITDA en 2023, sempre respectando os límites máximos de endebedamento que temos marcados e mantendo o pay- out do 50%."
No negocio de celulosa, a estratexia de Ence aproveitará o positivo escenario de prezos previsto ata 2023. O crecemento da poboación urbana e o aumento do nivel de vida nos países emerxentes impulsan o incremento da demanda de produtos de celulosa hixiénicos e absorbentes, así como de viscosa para aplicacións téxtiles. Para aproveitar estas oportunidades, Ence levará a cabo investimentos de ata 500 millóns de euros, que elevarán a capacidade de produción ata 1,3 millóns t/ano, así como a diversificación cara a produtos hixiénicos absorbentes e viscosa.
No negocio de enerxía, a compañía aproveitará a necesidade de España de incrementar a xeración de orixe renovable ata o 70%, para cumprir o obxectivo da UE en enerxía renovable. Para iso, Ence ten previsto levar a cabo investimentos por 615 millóns de euros en xeración con biomasa, termosolar e fotovoltaica. Estes investimentos permitirán elevar as vendas de enerxía renovable ata 2.330 GWh/ano e multiplicar por tres o EBITDA do negocio ata 150 millóns de euros, proporcionando estabilidade e previsibilidad aos fluxos de caixa ao Grupo Ence.
Ence destinará entre 125 e 225 millóns de euros para seguir avanzando cara á excelencia na sustentabilidade, que constitúe unha prioridade estratéxica para a compañía. Concretamente centrarase en mellorar a seguridade de persoas e instalacións, a excelencia ambiental das súas operacións, contribuír á economía circular, así como na dinamización da economía e o emprego nas áreas rurais.
Relacionadas:
-
Ence incorpórase ao selectivo IBEX 35
Por Redacción |
-
Ence proba con éxito en Pontevedra o uso do piñeiro na fabricación de celulosa
Por Oskar Viéitez |
-
Ence obtén o certificado AENOR de Sistema de Xestión de Compliance Penal
Por Noticia patrocinada |
-
Ence apoia ás confrarías da Ría de Pontevedra
Por Noticia patrocinada |
-
Oito alumnos beneficiaranse das Bolsas de Idiomas Ence
Por Noticia patrocinada |
-
ENCE cifra nun 20% o aforro no seu consumo de auga coas melloras feitas na fábrica
Por Redacción |