Josefina Villaverde, 109 anos e como unha rosa
Por Redacción
Suma 109 anos pero conserva una memoria boa. Josefina Villaverde Fontenla celebraba este luns acompañada de varios familiares o seu aniversario. Esta muller que viviu sempre do traballo no campo ten unha filla que xa fixo 92 anos.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e a concelleira de Servizos Sociais, Conchy Campos, visitaban a súa vivenda no lugar de Laxos onde lle entregaron un ramo de rosas. Josefina Villaverde amosouse moi emotiva, presumiu de boa saúde e lembrou aos visitantes que, en efecto, nacera a principios do século XX, no ano 1909.
Durante a fin de semana, outra veciña do municipio, Clementina Fernández celebraba 102 anos coa visita tamén dos representantes municipais.