As obras na rúa Concepción Arenal comenzarán despois do Nadal
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín anunciou que a seguinte fase das obras na rúa Concepción Arenal comenzarán despois do Nadal.
A primeira fase abrangue dende a rúa Real de Cantodarea ata intersección rúa José Trasande e a segunda fase dende a rúa José Trasande ata a rotonda das Anclas. O orzamento destas dúas fases é de 1,6 millóns de euros financiados nun 80% pola Xunta e o resto o Concello.
Na actualidade resulta imposible manter os dous sentidos de circulación e os aparcamentos a ambos lados. Os constantes arranxos nas redes municipais fan aconsellable a súa substitución.
Ademais de darlle unha maior amplitude das beirarrúas e crear unha liña completa de aparcamentos dotando aos carrís de circulación dun ancho suficiente nos dous sentidos, aproveitarase para mellorar as redes municipais de saneamento e abastecemento, así coma o alumeado e o mobiliario urbano.
Para facer esta obra presentáronse 16 empresas á licitación que xa foron evaluadas polos técnicos municipais e polos servizos de intervención, estando na actualidade pendentes de realizarse a adxudicación definitiva.
Relacionadas:
-
O concello consensúa cos veciños de Cantodarea a reforma dá rúa Concepción Arenal
Por Oskar Viéitez |
-
Uns particulares ceden ao Concello o uso dunha parcela para aparcadoiro
Por Redacción |
-
Marín disporá de tres "leiraparkings" na rúa Inferniño
Por Redacción |
-
Marín busca parcelas para habilitar aparcamentos disuasorios
Por Redacción |
-
Silva e Ramallo apostan pola "boa relación institucional" coa mellora de Concepción Arenal e do Parque Eguren
Por Redacción |
-
Marín segue aumentando as súas rúas urbanizadas coa vista posta en Cantodarea
Por Oskar Viéitez |