A cuarta edición de "Mulleres en acción. #ViolenciaZero" será a máis participativa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, e á comisaria de "Mulleres en acción. #ViolenciaZero", Paula Cabaleiro, presentou este luns a cuarta edición deste programa que terá un marcado carácter participativo.
Silva enxalzou que esta iniciativa, xunto a outras moitas máis que a Deputación está a poñer en marcha, "nos está a converter na administración referencia na loita pola igualdade de toda Galicia e tamén de todo o Estado".
"Mulleres en acción. #ViolenciaZero", cumpre catro anos "cheos de denuncia, de formación, de información, de percorrer toda a provincia de Pontevedra, as súas rúas, prazas e centros educativos a través de mulleres que coa súa arte transforman o mundo e moven á reflexión para cambiar as mentes e loitar contra as violencias machistas", asegurou Silva.
O programa fomenta entre a cidadanía unha actitude crítica e reflexiva sobre a violencia machista ao tempo que promove e visibiliza a artistas e creadoras, realizando un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos, incentivando a integración de mulleres e homes na loita contra a violencia machista.
Tal e como informou a presidenta, comezará o 23 de novembro en Vigo, ás 19.00 horas no salón de actos do Marco coa performance "Nosotras" de Nieves Correa, e continuará o 26 de novembro na Praza da Peregrina de Pontevedra, ás 12.00 horas, a través da acción escénica "Amor" de Helen Bertels, creadora, actriz, autora e artista alemá establecida en Santiago desde 1999.
Ao longo dos catro anos de "Mulleres en acción. #ViolenciaZero" participaron no programa de xeito activo 75 creadoras que puxeron en marcha 60 accións artísticas para estender o compromiso coa igualdade e coa loita contra as violencias machistas ao longo da provincia.
Relacionadas:
-
A violencia contra as mulleres tamén se denuncia no inicio do Culturgal a través dunha performance
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
'Mala xente!', unha regueifa feminista para buscar a fin da violencia machista
Por Redacción |
-
A poeta Iolanda Zúñiga leva a Vilaboa o "Slam poetry"
Por Redacción |
-
VIDEO.- A artista Helen Bertels escenifica o terror da violencia machista
Por Mónica Patxot |
-
A Xunta suma as prazas de abastos á campaña do día contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
"Se é un maltratador nunca é un bo pai"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Carmela Silva critica que "mulleres que non cren na igualdade" como Ana Pastor e Andrea Levy se somen ás pancartas
Por Oskar Viéitez |