A candidatura de Alejandro Regueiro celebra unha festa no Liceo Casino
Por Diego Torrado & Redacción
Os socios do Liceo Casino de Pontevedra volverán depositar o seu voto nas urnas, a finais de mes, para elixir á persoa que presidirá a entidade durante os próximos anos. O sorprendente empate entre o presidente en funcións Jaime Olmedo e o aspirante Alejandro Regueiro resolverase o vindeiro venres 30 de novembro.
Mentres, ambos os aspirantes á presidencia están a desenvolver diferentes propostas co obxectivo de solicitar apoios para esa nova cita electoral. Este sábado, a candidatura de Alejandro Regueiro celebraba unha festa aberta a todas as persoas socias do Casino na sede da rúa Manuel Quiroga.
Non foi un acto electoral ao uso, senón unha reunión de amigos e persoas cun interese común: o Liceo Casino. Nesta celebración, que buscaba ser un punto de encontro entre integrantes da entidade, actuaba o grupo UltraFónicos, que realizou versións de grandes éxitos musicais tanto nacionais como internacionais de diferentes épocas, que animaron ao numeroso grupo de socios que se achegaron ata a festa.
Neste evento houbo tamén un viño de benvida, un petisco, ademais do sorteo de agasallos e diferentes sorpresas.
A candidatura de Regueiro conta cun equipo integrado por Mercedes Arbolí Cervera-Mercadillo, como contadora; Andrés Domínguez Artime, María Prieto Cervera-Mercadillo, Daniel Tomás López, María Victoria Lage Zapatero, Sergio Lage Cuiñas e Pilar Piñón Esteban.
Relacionadas:
-
Jaime Olmedo supera a 'segunda volta' e é reelixido como presidente do Liceo Casino
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |
-
Regueiro e Olmedo pechan campaña animando aos socios do Casino a votar para desfacer o empate
Por Ramiro Espiño |
-
Olmedo e Regueiro volven disputar a presidencia do Liceo Casino
Por Ramiro Espiño |
-
Olmedo e Regueiro dan outra volta de 'tuerca' ao seu enfrontamento pola presidencia do Casino
Por Ramiro Espiño |
-
Os socios do Liceo Casino volverán votar o 30 de novembro para desfacer o empate Olmedo-Regueiro
Por Redacción |