Novas Xeracións de Vilagarcía escolle a Raúl Santamaría como novo presidente da agrupación
Por Redacción
O quinto congreso local de Novas Xeracións de Vilagarcía celebrábase no recinto feiral de Fexdega este sábado coa presenza de ao redor dun centenar de participantes. Deste congreso sae elixido por unanimidade Raúl Santamaría como novo presidente da agrupación xuvenil do Partido Popular.
Santamaría compatibilizará o seu novo cargo co de membro da xunta directiva de Novas Xeracións Provincial de Pontevedra. Na súa candidatura figuran Carolina Chantada, a nova vicepresidenta, e Daniel Domínguez, que exerce como secretario.
Ademais, completan o comité executivo: Juan Andrés Bayón, Alejandro Pena, Juan Soto, Marco Núñez, Alejandro Maneiro, Rubén Diz, Dani Falcón, María Froján, Mateo Abalo, Borja Santamaría, Julia Casal e Agustín Agís.
O novo presidente agradeceu a confianza dos integrantes da agrupación a este proxecto e afirmou que en Vilagarcía creouse un novo equipo preparado para achegar unha nova visión a unha cidade "que ten que ser referente".
O presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, asistiu ao acto, do mesmo xeito que a vicesecretaria do PP de Estudos e Programas, Andrea Levy e o secretario xeral do PPdG, Miguel Tellado.
Rueda indicou que os rivais políticos están preocupados porque o PP de Vilagarcía está a reactivarse e creando unha agrupación forte. Pola súa banda, Andrea Levy alertou a Raúl Santamaría de que o traballo máis duro comeza mañá. A política catalá afirmou que estará encantada de vir facer campaña durante as municipais de 2019 a favor do candidato popular Alfonso González Gallego.