Queres ser doante de leite materna? Coñece como podes axudar a neonatos e bebés enfermos no Hospital Provincial
Por Anxo Lourido
Un amplo equipo de profesionais do Hospital Provincial está en funcionamento para recoller leite materno de aquelas madres que queiran facer unha doazón de carácter altruísta para axudar os bebés da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que non poden recibir leite das súas nais.
Con motivo da celebración este sábado 17 do Día Mundial do bebé prematuro, a neonatóloga Pilar Crespo; o pediatra Manuel Martín; a matrona Irene Valderrábano e as supervisoras de Pediatría e Obstetricia, Elvira de la Sola e Begoña López, acompañadas pola responsable en Atención Primaria, María Dolores Pan, anunciaban a posta en marcha do punto de recollida de leite materno no hospital pontevedrés.
É unha medida que evita que as doantes teñan que se trasladar ata os bancos de Vigo ou de Santiago de Compostela, creados en 2016, para realizar a extracción.
Esta nova opción débese á mellora nas instalacións para conservar o leite materno e á creación do punto de recollida, para despois trasladar o leite a Vigo. Alí será analizado e procesado garantindo que cumpra coa calidade demandada en canto a cuestións nutricionais como microbiolóxicos. Os bancos de leite humano permiten que os lactantes hospitalizados que carecen de leite materno poidan dispoñer deste recurso que os especialistas consideran fundamental para a formación dos bebés.
Os menores que reciben este leite, na súa maioría, son prematuros ou padecen algunha enfermidade. Por este motivo, a principal reclamación para as nais é que manteñan un estilo de vida saudable. Segundo avanzaba Pilar Crespo, xa se está a iniciar o proceso para seleccionar as nais para esta iniciativa.
Cando a lactancia do seu fillo atópase estable, despois das catro semanas do parto, as nais que queiran colaborar con esta campaña poden dirixirse ao Hospital Provincial onde serán entrevistas e recibirarán todo tipo de facilidades e apoio para que se realice a doazón. Ademais, o índice de cancro de mama e de ovarios, depresión post-parto ou anemias , entre outros problemas, son maiores nas mulleres que non lactan, explicaba o pediatra Manuel Martín.
Un 7% dos bebés son prematuros e a Organización Mundial da Saúde afirma que o mellor alimento que poidan recibir é leite materno, sobre todo nos casos de que pesen menos de 1.500 gramos e a súa xestación teña sido menor a 32 semanas.