Beatriz Cari e Tamara Coelho son brasileiras e están a cursar no campus de Pontevedra un dobre grao de Xestión e Dirección Pública. Beatriz chegou en xaneiro, Tamara en outubro. Máis tempo, vinte anos, leva o músico Gustavo Almeida.
Elas son de Sao Paulo, el de Río de Janeiro. Os tres participan nunhas Conversas na Ferrería nas que miramos ao pasado máis recente e ao futuro de Brasil. Ao país cuxa presidencia asumirá o próximo un de xaneiro Jair Bolsonaro.
Beatriz e Tamara expoñen unha síntese do sucedido no seu país nas últimas décadas durante os gobernos de Cardoso, Lula da Silva, Rousseff e Temer - económica, social e politicamente -; e o punto de inflexión que a crise de 2008 tamén supuxo en Brasil. Achégannos desde a perspectiva da cidadanía daquel país como viviron o devir político do líder do Partido Social Liberal.
De igual forma, con máis ou menos proximidade, Gustavo, Tamara e Beatriz recibían e buscaban información durante a campaña electoral. Unha campaña que tivo nas novas tecnoloxías unha referencia fundamental.
E en canto ao futuro, a partir de 2019 cando Bolsonaro tome posesión de cargo que?. Expóñeno neste podcast de PontevedraViva Radio.