Luces azuis para sensibilizar sobre a diabetes
Por Mónica Patxot & Redacción
Os edificios do Concello de Pontevedra e da Deputación Provincial iluminábanse na noite deste martes con motivo da celebración do Día da Diabetes, que se desenvolve este 14 de novembro.
Segundo os datos desprendidos no último congreso nacional da Sociedade Española de Diabetes, hai unhas semanas, Galicia rexistra cada mes ao redor de 2.000 novos casos de persoas ás que se lles diagnostica esta enfermidade.
A combinación de factores ambientais, xenéticos, epidemiolóxicos provoca que a diabetes aumente cada ano. Dous dos factores fundamentais neste crecemento dos casos diagnosticados débese ao sedentarismo e á mala alimentación. Esta desorde metabólica afecta a máis do 10% da poboación galega (en maiores de 70 anos, a porcentaxe increméntase ata o 70%) e o meirande crecemento se está a detectar na poboación infantil e xuvenil.
A importancia de facer visible esta enfermidade, que non se manifesta en moitas ocasións ata que xa está avanzada, é o que se busca nestes actos sociais, que nesta ocasión contaron coa lectura do manifesto a cargo de Ana Isabel Pérez, presidenta da Asociación de meniñas e nenos con Diabetes de Galicia (Anedia) nas escaleiras de entrada á Deputación Provincial.
Relacionadas:
-
Gustavo Santiago e María Jesús Gestido vencen na V Milla solidaria Anedia
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Os edificios do Concello e a Deputación volverán iluminarse de azul no Día da Diabete
Por Redacción |
-
De Tui a Santiago para concienciar dos beneficios do deporte para controlar a diabete
Por Natalia Puga |