Día de paros na administración de xustiza
Por Oskar Viéitez
Os letrados da administración de xustiza, antes coñecidos como secretarios xudiciais, protagonizaron este martes un paro de dúas horas e unha concentración na porta principal da Audiencia de Pontevedra.
Segundo informou o gabinete de comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en Pontevedra o paro foi secundado por 39 persoas, o que supón unha porcentaxe de seguimento do 53%.
Este colectivo considérase "infravalorado, sobre cualificado e desaproveitado para a administración pública" e quéixase da descompensación entre os seus salarios e as atribucións que as últimas reformas xudiciais lles deron.
Non foi a única protesta que se viviu este martes xa que tamén se concentraron un reducido grupo de funcionarios xudiciais convocados polo sindicato STAJ en protesta por certos puntos da reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, en canto a traslados e persoal interino.
O sindicatos achacaron a falta de respaldo a esta protesta ao desgaste sufrido durante a fracasada folga de tres meses levada a cabo entre febreiro e maio.