As traballadoras de elaborados do mar aceptan masivamente o preacordo do convenio
Por Oskar Viéitez
Despois das asambleas celebradas esta semana, as traballadoras do sector aceptan case por unanimidade o preacordo sobre o convenio colectivo de elaboración de productos do mar, alcanzado o sábado na mediación promovida polo Consello Galego de Relacións Laborais.
Nas asambleas celebradas nas empresas do Porto de Marín (Galicia Processing Seafood e Cabomar Congelados, nas que Comisións Obreiras é o sindicato maioritario), coa participación da práctica totalidade do plantel propio e das traballadoras das empresas de traballo temporal (ETTs), as traballadoras consideraron que o preacordo é un avance importante sobre a situación actual, pero tamén que quedan pendentes reivindicacións que non foron conseguidas na súa totalidade.
Na valoración realizada por Comisións Obreiras sobre o preacordo, en ditas asambleas, coinciden coa idea de que "queda moito traballo sindical a desenvolver neste sector" que, segundo engadiron conta cunha patronal que "basea as relacións laborais na explotación e na coacción, e que non acepta unha distribución razonable da riqueza" xenerada por esta actividade productiva.
Comisións Obreiras compremeteuse coas traballadoras a facer un seguimento "moi próximo" para a aplicación do convenio colectivo, tanto para o personal do plantel como para o personal das ETTs, xa que "unhas e outras deron unha lección de reivindicación e dignidade", nas precedentes xornadas de folga, e "merecen que o esforzo realizado se vexa recompensado".
Relacionadas:
-
Ameaza de folga no sector de elaborados de produtos do mar ao non chegar a acordo na negociación do convenio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Consello Municipal da Muller recoñecerá a loita das traballadoras do elaborado do mar do porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
O sector de elaborados do mar convoca folga indefinida a partir do 15 de novembro
Por Redacción |
-
VIDEO.- Tres mulleres feridas durante a intervención policial contra un piquete no porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
As traballadoras dos elaborados do mar non ceden e volven parar o sector
Por Oskar Viéitez |