Deteñen un home por conducir de forma temeraria, sen carné e por tenencia de drogas
Por Redacción
A Policía Local de Vilagarcía detivo sobre as 23:15 horas do luns un home que conducía sen carné pola avenida Rosalía de Castro da localidade.
O home foi recoñecido por unha patrulla e deuse á fuga co coche circulando por dirección prohibida, subindo ás beirarrúas do barrio de San Xosé e rúas da contorna. Tras darlle o alto, no cacheo, os axentes atopáronlle varias bolsiñas de plástico que contiñan unha substancia branca que resultou ser cocaína.
Este individuo, de nacionalidade colombiana e nado no ano 1992, responde as iniciais de M.F.L.L. É un vello coñecido da policía, razón pola cal, os axentes sabían que carecía de permiso de conducir cando llo cruzaron conducindo un Seat Ibiza pola avenida Rosalía de Castro.
O detido debe responder ante o xuíz as acusacións de desobediencia e resistencia á autoridade, por conducir sen permiso, condución temeraria e por un delito contra a saúde pública.