Morre un condutor tras caer coa súa furgoneta ao mar en Portonovo
Por Oskar Viéitez
Un veciño de Sanxenxo que conducía unha furgoneta Citroen Berlingo faleceu este luns despois de caer co vehículo ao mar.
Segundo informou a Garda Civil, o suceso tivo lugar ás 20.49 horas cando un particular alertou ao 112 informando dun vehículo que se precipitou á auga no porto deportivo de Portonovo.
Ademais da Garda Civil acudiron mergulladores do servizo de bombeiros de Sanxenxo que lograron rescatar o corpo do condutor a unha profundidade duns 20 metros.
O equipo de sanitarios tentou reanimar a este home durante media hora sen éxito, certificando o seu falecemento.
Ao lugar acudiron unha ambulancia, bombeiros e varias embarcacións de veciños que axudaron no rescate.