O xoves haberá cortes de tráfico debido ás obras que se acometen en José del Río
Por Redacción
Esta semana as obras de humanización da rúa José del Río entrarán na súa fase final, segundo as previsións do goberno local de Marín que dirixe María Ramallo.
Xa se renovaron as beirarrúas e instaláronse todos os servizos relacionados coa subministración de auga, saneamento e pluviais. A previsión é que ao longo dos próximos días realícese o asfalto definitivo desta vía.
Está previsto que se practiquen cortes de tráfico na rúa o vindeiro xoves 15 porque é necesario realizar unha elevación da calzada que garanta a seguridade viaria igualándoa ás beirarrúas. Nalgúns tramos, segundo fontes municipais, existen grandes diferenzas de altura e é preciso corrixila para evitar incidentes.
O venres 16 acometeranse os entroncamentos con Rúa da Ponte e con Tiro Naval. Nesta zona vai crearse un paso elevado que permite mellor accesibilidade. As obras realizaranse en dous tempos, deixando utilizable un dos carrís mentres os operarios interveñen no outro. Será necesario que os vehículos circulen a velocidades moderadas e extremando as precaucións.
Tras esta semana, xa só quedará a parte final dos traballos, consistente na instalación de mobiliario urbano e a plantación de árbores, ademais da colocación de sinais verticais e horizontais.
Relacionadas:
-
A rúa José del Río será transferida ao Concello de Marín tras a súa reforma
Por Oskar Viéitez |
-
Marín segue aumentando as súas rúas urbanizadas coa vista posta en Cantodarea
Por Oskar Viéitez |
-
A mellora da rúa José del Río de Marín estará rematada nun mes
Por Redacción |
-
A reforma da rúa José del Río, desde o luns 20 de agosto
Por Redacción |