O Concello e os comerciantes de Ponte Caldelas reeditan a súa colaboración
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas acaba reeditar a colaboración anual que ten coa asociación de comerciantes Coempo, este ano por un importe superior a edicións anteriores, 12.000 euros. En 2017 foran 10.000.
Segundo deu a coñecer o Concello a través dun comunicado, o alcalde, Andrés Díaz, e o presidente da entidade, Jesús Peleteiro, asinaron o convenio este luns e reiteraron a satisfacción mutua que produce un acordo que redunda en beneficio de Ponte Caldelas, "como referencia comercial para toda a bisbarra".
Na xuntanza aproveitouse tamén para ir adiantando as primeiras liñas da nova edición do concurso de tapas Caldelas Tapas Quentes que o Concello, en coordinación coa hostalería local, está a organizar para o próximo mes de decembro.
O goberno local sufraga a través deste convenio boa parte do custo dunha ducia de actividades ao longo do ano, principalmente enfocadas á animación nas campañas de compra. Materialízase na Cabalgata de Reis, na Feira de Oportunidades, nas campañas de Nadal, do Pai e da Nai, de San Valentín, Rebaixas, Fin de Curso e Magosto ou o reparto de bolsas de promoción para animar ás compras no comercio local.
O goberno local entende ao sector comercial como un socio ineludible co que hai que colaborar en beneficio de Ponte Caldelas. "É unha alianza non só natural, senón necesaria para fortalecer a Ponte Caldelas", afirma o alcalde.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas mantén o seu tradicional magosto na última fin de semana de outubro
Por Redacción |
-
O "Decembro Solidario" de Ponte Caldelas acolle o teatro musical de Os Catro Ventos
Por Redacción |
-
As tapas convértense en protagonistas nas noites de venres en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Dúas campañas para animar as compras en Ponte Caldelas
Por Redacción |