Marea facilitará a aprobación do orzamento municipal coa súa abstención
Por Alejandro Espiño
Con menos problemas que en anos anteriores. O goberno municipal sacará adiante o orzamento de 2019 sen sobresaltos. Farao despois de que Marea Pontevedra anunciase que se absterán á hora de aprobar as contas do próximo ano.
O portavoz de Marea, Luís Rei, sinalou que os novos orzamentos son unha "fotocopia" de anos anteriores, pero entenden que son un "marco que nos vale" nos seus números "xerais", ao recoller a axenda social que a súa formación presentou aos orzamentos en vigor.
"O cadro ímolo pintar a partir de maio", adiantou Rei, ao asegurar que cando Marea acceda á Alcaldía de Pontevedra haberá uns orzamentos "de verdade" que se corrixirán mediante modificacións de crédito.
Tras destacar que esta decisión é "consecuente" coa posición de Marea, que facilitou a aprobación dos dous últimos presupostos, o seu portavoz engadiu que "imos falar" co BNG para incluír algunhas emendas, demostrando que son unha "oposición útil".
A pesar diso, Luís Rei criticou que en parte dos compromisos alcanzados co BNG o pasado ano, como a renda social municipal, o plan de emprego xuvenil ou a adhesión ao plan de transporte metropolitano da Xunta "gastaron cero euros".
Sumou a estas críticas que diferentes actuacións en materia de reforma urbanas "non se concretaron" e que o goberno municipal mostrou "pouca dilixencia" á hora de avanzar tanto nestes compromisos como nos seus proxectos "estrela".
O PSOE PREVÉ "DISCREPANCIAS IMPORTANTES"
A falta dunha análise pormenorizada, desde o PSdeG-PSOE prevén que existan "discrepancias importantes" co BNG á hora de negociar o seu apoio a uns orzamentos que "non son nosos" ao non contactar con eles previamente para conformalos.
O portavoz socialista, Tino Fernández, sinalou que para negociar "necesítase vontade" e iso demóstrase "sacando adiante" proxectos doutros anos e que "mentres non estean en marcha" non sentarán co goberno municipal.
"Terán que entender que non se pode chegar a un acordo e logo non cumprilo", explicou Fernández, para quen resulta "insuficiente" o grao de cumprimento do orzamento actual por parte do BNG.
Relacionadas:
-
O BNG ignora as emendas de Cidadáns e non acepta que se debatan xunto ao orzamento para 2019
Por Redacción |
-
O orzamento municipal agarda polas emendas do resto da corporación
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE absterase no orzamento tras acordar co BNG darlle un sentido "máis social"
Por Alejandro Espiño |
-
Estiman que haberá uns 75 beneficiarios da renda social que aprobou Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Loureiro Crespo e Mollavao, o pavillón da Parda e máis carga social, prioridades do BNG para 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Cidadáns non negociará co BNG os orzamentos municipais de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez fixa "cinco líneas maestras" para apoiar o orzamento municipal de 2019
Por Alejandro Espiño |
-
O orzamento de Pontevedra para 2019 superará os 76 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |