O mago pontevedrés Pedro Volta tivo que ser rescatado por un incidente nun truco de escapismo
Por Redacción
O mago pontevedrés Pedro Volta tivo que ser rescatado o sábado tras perder o coñecemento durante un truco de escapismo no concello madrileño de Navacerrada.
O ilusionista quedou inconsciente de forma momentánea no interior dunha furna con mil litros de auga na que se encerrou cun camisa de forza pechada con cadeados para un truco no que debia escapar en tan só un par de minutos, tempo no que se lle acabaria o oíxígeno
Tras pasar eses dous minutos, os organizadores decatáronse de que algo pasara porque o mago pontevedrés deixafz de moverse e procederon ao seu rescate. Realizáronlle diversas manobras de reanimación e, segundo informou o Concello de Navacerrada, atópase "en perfectas condicións".
Unha vez rescatado, recuperou a consciencia e todo apunta a que sufriu un episodio de perda de consciencia relacionado coa apnea, segundo a información difundida polo xornal El Mundo. A continuación, realizáronlle un recoñecemento médico e foi trasladado ao Hospital de Villalba para que lle fixesen un recoñecemento.
Os feitos ocorreron sobre as 13.05 horas deste sábado na praza do Doutor Gereda de Navacerrada, onde se celebraba a terceira edición do Festival Internacional de Maxia. O programa do festival explicaba o truco, que supoñía unha homenaxe ao famoso escapista Harry Houdini.
Relacionadas:
-
Pedro Volta necesita asistencia sanitaria ao fallar por segunda vez nun número de escapismo
Por Redacción |
-
Pedro Volta: "Estoy muy feliz porque he vuelto a vivir. He estado muerto tres minutos"
Por Redacción |
-
O mellor ilusionismo do mundo, xunto no Galicia Magic Fest de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Pedro Volta 'ilusiona' a Pontevedra con novos números de maxia e escapismo
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Dos trucos clásicos ao escapismo nunha tarde de maxia familiar con Pedro Volta
Por Redacción |