Á Cámara éntranlle as présas
Por Oskar Viéitez
O comité executivo da Cámara de Comercio de Pontevedra aprobou o prego de condicións que permitirá adxudicar pola vía de urxencia a realización de Pomovil e Ferpalia en catro cinco días.
Este órgano decidiu celebrar Pomovil, o Salón do Automóbil de Pontevedra, durante o mes de novembro, a primeira edición dedicada ao coche novo, os días 2, 3 e 4; é dicir o primeiro fin de semana de novembro; e a modalidade do coche usado e de ocasión, os días 9, 10 e 11.
Neste contexto de crise, as ordes cursadas dende o comité executivo é que se recorte ao máximo a repercusión económica de Pomovil, nos empresarios participantes.
Sobre Ferpalia, deixará de ser o Salón do Turismo de Galicia, para converterse nunha mostra que se organizará durante o mes de decembro polas prazas da cidade de Pontevedra.
Ao concluír a reunión do comité executivo, nin o presidente, nin ningún outro dos executivos presentes, fixeron alusión ningunha ao caso xudicial no que se viu involucrada a secretaria xeral da institución.