Nace a "Plataforma 2018" contra unha posible prórroga á actividade de ENCE na Ría
Por Oskar Viéitez
Este xoves tivo lugar a presentación pública dunha Plataforma de colectivos sociais que se ven de constituír na comarca de Pontevedra co obxectivo de "facer patente a oposición a unha posible prórroga á actividade de ENCE na Ría máis alá do 2018".
A Plataforma-2018 está aberta a novas incorporacións, "agardamos que moitos máis se vaian sumando", polo de agora xa son 29 colectivos os que quixeron estar na súa constitución.
Trátase de organizacións coma ADEGA, Asociaición pola defensa da ría, Federación ecoloxista galega, Vaipolorío, Verdegaia, Anova, BNG, Colectivo nacionalista de Marín, Equo, Espazo Ecosocialista, Galiza Nova, ISCA, Nos UP, Partido da Terra, PSdeG-PSOE, 15-M, Federación de Asociaciones de vecinos Castelao, Organización galega de montes veciñais en man común, Plataforma en defensa dos montes do Morrazo, Queremos galego-Marín, Almuinha, Amarante, Amig@s da Cultura, Canón de pao, Fundación Alexándre Bóveda, Pavís-Pavós e Verboxido.
A Plataforma-2018 quere demostrar que "contrariamente ao que ENCE cre hai un rexeitamento importante á continuidade da fábrica na ría", dixo Antón Masa, presidente da APDR.
Esta visibilidade na súa causa ten outras vías coma una recollida de sinaturas a través da web change.org con el lema "Xunta da Galiza: IMPIDAMOS A PRÿRROGA DE ENCE EN LOURIZÁN! "
Como primeiro acto o vindeiro mércores 29 de maio, ás 20.00 horas, na Casa das Campás impartiránse unhas charlas ao redor do tema "Hai alternativas" que xirarán sobre os recursos forestais e mariñeiros "para dar unha información veraz" sobre as alternativas socioeconómicas á ENCE.
E xunto a información as mobilizacións serán o outro eixo da actividade desta Plataforma 2018 que anda na procura dun logotipo polo que están abertos a ideas e suxerencias.