Marín busca parcelas para habilitar aparcamentos disuasorios
Por Redacción
Chegar a acordos con propietarios de parcelas que están sen edificar e sen traballar para que cedan o seu uso ao Concello como aparcamentos disuasorios. É o traballo no que se atopa inmerso o goberno municipal.
Esta medida, segundo o Concello, xurde pola coincidencia no tempo de varias obras que levan consigo a ocupación da vía pública, reducindo notoriamente os aparcadoiros en zonas como a Avenida de Ourense, Rúa Inferniño ou, proximamente, en Concepción Arenal.
Ante a situación das parcelas e incluso as denuncias veciñais que constantemente solicitan que se esixa a súa limpeza, o Concello está tratando de conseguir que as mesmas poidan ser destinadas a aparcamento público en superficie, a fin de mitigar o déficit de aparcadoiros existente na zona, amosando o seu interese aos seus propietarios.
Os propietarios, na súa condición de titulares das fincas, cederían as mesmas ao Concello de Marín, a título de precario e nas condiciones pactadas nun convenio, sen que esta cesión temporal supoña a merma ou limitación dos seus dereitos como titulares das parcelas.
A duración da cesión acordarase por un período de un ano, aínda que se ambas partes están de acordo, prorrogarase de xeito automático por prazos anuais, ata dez anos. Calquera das partes, en calquera momento, poderá comunicar a súa vontade de dar por rematado o contrato cun prazo de preaviso dun mes.
O Concello sería o encargado de acondicionar a parcela cedida coa roza e limpeza, quedando ditas actuacións en beneficio da propiedade unha vez rematada a cesión. O mantemento e conservación, mentres o contrato estea vixente, corresponderá en exclusiva ao Concello.
Inicialmente as fincas coas que xa se mantiveron os primeiros contactos están situadas nas rúas Quevedo, República Arxentina, Concepción Arenal e Inferniño, polo que o Concello queda aberto a valorar calquera ofrecemento de novas parcelas.
Relacionadas:
-
Marín chega a acordos con donos de terreos para crear aparcadoiros durante as obras na avenida de Ourense
Por Redacción |
-
Marín disporá de tres "leiraparkings" na rúa Inferniño
Por Redacción |
-
O BNG pide solucións á carencia de lugares onde aparcar o coche en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
As obras na rúa Concepción Arenal comenzarán despois do Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
Marín inicia as obras do colector xeral na Avenida de Ourense
Por Redacción |
-
Marín segue aumentando as súas rúas urbanizadas coa vista posta en Cantodarea
Por Oskar Viéitez |