A campaña municipal do 25-N visibilizará o medo e a soidade que sofren as vítimas de violencia machista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Durante os próximos días, a cartelería específica deseñada polo departamento municipal de Igualdade con motivo do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, invadirá as rúas de Pontevedra. De momento non se difundiu o seu contido, pero este venres si se deron a coñecer os primeiros detalles e que se trata dunha iniciativa que nesta ocasión estará orientada a "infundir medo e soidade" á sociedade.
A concelleira de Igualdade, Carmen Fouces, explicou tan sorprendente intención. Débese a que busca que todo o mundo sinta mesmo fisicamente o medo e a sociedade que están sentindo as vítimas de violencia de xénero, tanto as mulleres que reciben as agresións dos maltratadores como moitos menores.
En concreto, pénsase nos menores fillos de pais que maltratan ás súas nais, no que pensan e senten os nenos cando teñen que ir cos maltratadores e as súas nais cando os teñen que deixar ir con eses homes que as someteron á violencia. O Concello optou por trasladar á sociedade esas sensacións porque opinan que todos "temos que solidarizarnos".
Na súa opinión, "non podemos permitir estar criando nenos e nenas con eses parámetros" de que convivan con maltratadores, pois supón un "custo enorme que non estamos dispostos a asumir". Desde o Concello avógase abertamente pola prohibición expresa do contacto entre un maltratador e os seus fillos, pois consisderan que, independentemente do trato que teña con eles, lles estaría trasmitindo valores de violencia.
A cidade estará inundada de cartelería e bandeirolas e ademais o día 19 de novembro está previsto pendurar unha gran pancarta do balcón da Casa Consistorial.
A programación do 25-N botará a andar o xoves 15 coa estrea teatral da obra Invisibles, baseada no libro do mesmo nome de Montse Fajardo e o mesmo día coa inauguración da exposición fotográfica das obras do obradoiro de fotografía e autoimaxe 'Namórate de ti'
Esa mostra estará na Casa da Luz do 15 ao 25 de novembro e farase en colaboración coa Escola de Igualdade para á Mocidade, na que se fixo un obradoiro de autoestima e empoderamento a través da fotografía no que as asistentes traballaron contidos como a autoestima, a autoxestión do estrés, o autocoidado, a autoaceptación e a expresión a través da arte corporal, a escrita ou a expresión verbal.
A programación completarase durante a última semana de novembro coa presentación do informe sobre a campaña #PrimAcoso, coordinado pola profesora María Lameiras e baseado nas testemuñas recollidas a través da rede social twitter con este hagstag no ano 2016.
Relacionadas:
-
#PrimAcoso confirma que a violencia contra as mulleres está normalizada e que os agresores saen impunes
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O persoal do Complexo Hospitalario de Pontevedra amosa a súa oposición á violencia machista
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: 'Invisibles' vista por estudantes de ESO
Por Marisa Ciordia |
-
"Se é un maltratador nunca é un bo pai"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Teatro para poñer o foco na outra cara da moeda
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Dez meses de prisión para el, unha vida esnaquizada polos malos tratos para ela
Por Natalia Puga |
-
RADIO.- Cara a cara: O Teatro Principal pon luz sobre as mulleres 'Invisibles'
Por Marisa Ciordia |
-
'Namórate de ti', mulleres que fortalecen a autoestima a través da fotografía
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
Unha andaina ata Combarro quere simbolizar a procura de espazos libres de violencia de xénero
Por Redacción |
-
'Invisibles' convida a dicir "basta xa" á violencia machista desde o patio de butacas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra 'tirará das orellas' ao ámbito xudicial con motivo do 25-N
Por Alejandro Espiño |