Jorge Cubela busca solucións coa conselleira do Territorio para a contorna da escola
Por Redacción
O presidente de Cerdedo-Cotobade e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantíñan un encontro este xoves en Santiago de Compostela para analizar as posibles vías de colaboración entre ambas as institucións co obxectivo de poñer en funcionamento varios proxectos para humanizar e mellorar os espazos comúns da vila.
Ángeles Vázquez e Jorge Cubela mantiñan este encontro con, entre outros, o obxectivo de buscar unha solución na contorna do centro educativo. A idea é que exista colaboración para mellorar a contorna urbana, a través de obras que aumenten a revitalización do territorio logrando o reequilibro.
A consellería de Medio Ambiente quere promover e colaborar co concello no desenvolvemento de intervencións urbanísticas coa idea de frear a despoboación, potenciar infraestruturas e os equipamentos municipais.