COVSA garante que non será necesario cortar os dous carrís na rúa Progreso
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo adxudicará a reforma da rúa Progreso á empresa Covsa, que garante que non será necesario cortar os dous carrís durante a reforma desta rúa.
A análise que fixeron os técnicos municipais das 14 ofertas presentadas para a reforma da rúa Progreso determinou que a empresa Nexia era a gañadora do concurso con 79 puntos, seguida de COVSA con 78,73 puntos.
Con todo, á hora de facer a proposta de adxudicación a mesa de contratación cualificou de "anormalmente baixa" a oferta económica presentada por Nexia, concedéndolle un prazo de tres días para a xustificación dese prezo. Finalmente, Nexia renunciou ao concurso e, por tanto, a empresa adxudicataria foi COVSA, a segunda en puntuación.
COVSA, na análise das características das ofertas presentadas nos sobres A e B, fora a empresa que maior puntuación obtivo, antes da apertura do sobre C, que é o que inclúe a oferta económica.
Entre as melloras presentadas por COVSA destaca a elaboración dunha memoria técnica cun apartado no que se expón o coñecemento da problemática que xera a obra. Ademáis reduce de 4 meses o prazo de execución da obra, pasando dos 12 meses a 8 meses.
COVSA tamén propón executar cada unha das fases do proxecto por marxes independentes, de forma que se poida manter sempre a circulación do tráfico en polo menos un sentido da circulación. Ademais, fixo propostas de corte de tráfico puntuais con desvíos provisionais por viarios alternativos.
Finalmente engade medidas alternativas para compatibilizar a obra coas actividades cotiás da rúa, zonas de aparcadoiro disuasorio e unha boa sinalización con información do desenvolvemento dos traballos, itinerarios seguros para peóns, acceso a garaxes e vehículos de transporte público, e amplía en catro anos do prazo de garantía da obra.
Relacionadas:
-
Un tramo da Rúa Progreso será cortado durante un mes
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo atrasa o inicio das obras da rúa Progreso
Por Redacción |
-
Licitacións a ritmo frenético en Sanxenxo antes de final de ano
Por Redacción |
-
A reforma da rúa Progreso interesa a catorce empresas
Por Redacción |
-
Os comerciantes están preocupados pola desaparición de prazas de aparcadoiro na rúa Progreso
Por Oskar Viéitez |
-
A reforma da rúa Progreso será por fases para reducir as molestias
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere que a rúa Progreso estea reformada antes do próximo verán
Por Redacción |