Pontevedra 'tirará das orellas' ao ámbito xudicial con motivo do 25-N
Por Alejandro Espiño
A corporación municipal de Pontevedra fará pública unha declaración institucional, acordada por todos o partidos -BNG, PP, PSOE, Marea e Cidadáns- con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que estará centrada no ámbito xudicial e as súas últimas reaccións ante episodios de violencia machista.
A edil de Igualdade, Carmen Fouces, explicou que o manifesto busca "poñer sobre mesa" a maneira na que se aborda esta problemática no ámbito da xustiza, especialmente tras sentenzas como a de "La Manada" que xeraron un amplo malestar en todo o país.
Así, esta manifesto institucional, que lerá o alcalde como "máxima autoridade" a nivel municipal, incluirá unha declaración de intencións con nove medidas "que vemos necesarias", segundo Fouces, para combater a lacra da violencia contra as mulleres.
Pontevedra reclamará modificar o Código Penal para protexer aos menores da violencia machista e garantir o cumprimento das medidas de protección, modificar a lei de axuizamento criminal para ofrecer maiores garantías ás mulleres ou promover medidas destinadas a protexer ás vítimas que dan o paso de denunciar ao seu maltratador.
Ademais, piden materializar o Pacto de Estado contra a violencia de xénero, máis diñeiro aos concellos para loitar contra esta lacra, impulsar medidas para loitar contra o paro feminino ou a desigualdade salarial ou crear programas dirixidos a homes e nenos sobre as violencias machistas e as desigualdades de xénero.
A corporación tamén pretende recoñecer con esta declaración institucional o "éxito histórico" das mobilizacións feministas do 8 de marzo, unha data que marca "un antes e un despois" en materia de igualdade en todo o mundo.
Relacionadas:
-
Dez meses de prisión para el, unha vida esnaquizada polos malos tratos para ela
Por Natalia Puga |
-
A campaña municipal do 25-N visibilizará o medo e a soidade que sofren as vítimas de violencia machista
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra xa ten oficialmente a primeira muller comisaria da Policía Nacional de Galicia
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Oito de cada dez reclusas sufriron violencias machistas
Por Oskar Viéitez |
-
Sete adolescentes de Pontevedra están protexidas por ser vítimas de violencia machista
Por Alejandro Espiño |