Detidos dous multirreincidentes polo roubo nun establecemento hostaleiro de Vilagarcía
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron dous individuos de 20 e 21 anos de idade, veciños de Vilagarcía e O Grove, con antecedentes policiais, como presuntos autores dun delito de roubo con forza nun establecemento hostaleiro de Vilagarcía.
Segundo informaron dende fontes oficiais da Comisaría de Vilagarcía, os feitos foron denunciados o 3 de novembro cando o propietario desta cafetería denunciaba o roubo con forza do seu local onde tras fracturar o cadeado da porta e acceder ao interior subtraeron 600 euros dos caxetíns da máquina comecartos, ademais dun cartón de tabaco e varias botellas de bebidas alcohólicas.
Os axentes localizaron aos presuntos autores dos feitos o pasado 6 de novembro.
Un dos detidos resultou imputado polo roubo nun centro cultural de Vilagarcía, neste caso subtraera o contido de varias máquinas expendedoras.
Unha vez oídos en declaración foron postos a disposición da autoridade xudicial.