Primeira semifinal do IV Concurso de Cociña 'en ASPACE cociñamos xuntos'
Por Redacción
As instalacións da Escola Naval Militar de Marín acollía este mércores a primeira semifinal do IV Concurso de Cociña "en ASPACE cociñamos xuntos". Trátase dun concurso gastronómico organizado por ASPACE-Galicia, a federación galega de asociacións de atención a persoas con parálise cerebral ou patoloxías afíns.
Nesta competición participaron nove grupos formados por unha persoa con parálise cerebral, membro da asociación Amencer-Aspace acompañada dun familiar ou profesional da súa asociación elaboraron un prato no que a protagonista era unha hamburguesa.
A semifinal na categoría de formato tradicional levoulla o grupo integrado por Esteban, Diego e David co seu prato 'Hamburguesa Campolongo'. O conxunto formado por Hugo, Carmen e Tania vencían coa 'Hamburguesa ENM', na categoría triturado/ texturizado.
Ambas as agrupacións pasarán á final, que se desenvolverá o 29 de novembro. A outra semifinal celebrarase o 14 de novembro en Navia, Vigo.