O Porto de Marín leva retiradas 20 toneladas de lixo mariño
Por Redacción
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra xunto coa frota pesqueira do porto realizou esta semana unha nova retirada de lixo procedente dos fondos mariños. En total, 6.280 quilos de lixo mariño, que sumados ás dúas retiradas anteriores deste ano ascenden a 20.040 quilos.
Con esta nova retirada, o Porto de Marín leva preto de 72.000 quilos de lixo mariño recollida das costas galegas desde o ano 2014, que habería que sumar aos 24.000 retirados anteriormente a través do proxecto Nada pola Borda.
A Autoridade Portuaria foi recepcionando estes residuos que os barcos recollen nas súas redes e traen a terra e trasladándoos a un compactador para posteriormente trasladalos a un xestor autorizado.
O Porto de Marín é pioneiro en proxectos ambientais relacionados coa retirada e xestión de lixos mariños. Ademais, coa colaboración das empresas da comunidade portuaria, continúa cos procesos de recollida selectiva doutros residuos portuarios como plásticos de embalaxes, pilas, poliexpan, redes, envases lixeiros, papel e cartón.
Relacionadas:
-
O Porto de Marín retirou este ano máis de 18.000 quilos de lixo mariño
Por Redacción |
-
A Autoridade Portuaria fixo recollida selectiva de 816 toneladas de residuos durante 2018
Por Redacción |
-
O Porto de Marín expón en Madrid a súa experiencia en xestión de residuos
Por Redacción |
-
O Porto de Marín retirou 6.700 quilos de lixo mariño no último trimestre
Por Redacción |
-
Portos de Galicia retira máis de 13 toneladas de residuos dos fondos mariños de Bueu, Meloxo e Vilanova
Por Redacción |