Cerdedo-Cotobade programa o inicio de obras en seis pistas
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de programar o inicio de obra da mellora de seis pistas das parroquias de Cerdedo, Tomonde, Folgoso e Quireza cun orzamento de 114.000 euros no marco do Plan de Vías 2018-2019.
O presidente municipal, Jorge Cubela, realizou unha visita aos camiños interiores de Os Castros, en Quireza, e anunciou que este proxecto de obras xa está adxudicado, cunha importante baixa do 24%, e os traballos "comezarán de inmediato tan pronto como cesen estas fortes choivas".
As seis actuacións contempladas neste lote correspóndense co ensanchamento e pavimentación en Limeres, o acondicionamento integral do acceso á potabilizadora de Cerdedo, a mellora de camiño en Cachofés (Folgoso), a dotación de recollida de pluviais na parte superior de Tomonde e a pavimentación de vías en Fondós e nos camiños interiores de Os Castros, ambos pertencentes á parroquia de Quireza.
Cubela explicou que nas vindeiras semanas producirase a adxudicación e o inicio de obra de practicamente as dez actuacións restantes recollidas no mesmo, que permitirán realizar un total de 38 melloras en infraestruturas espalladas por 15 parroquias -dez de Cotobade e cinco de Cerdedo- cun orzamento global de 1,38 millóns de euros.
En canto aos proxectos a desenvolver, figuran as pavimentacións en San Xurxo, Cutián, Viascón e Santa María (160.575 euros), pavimentacións, cunetas e canalizacións nas Lagoas, Carballedo, Valongo, Famelga e Loureiro (145.650), mellora de camiños en Loureiro, Vilar, Pozo Negro, Costa, Parada de Tenorio e Vila de Abaixo (121.000), mellora das pistas de Arrotea e Limeres (125.575), obras en Esbarrela, capela de San Antonio, Vilar, Viduído e Vilarchán (120.602), mellora viaria en oito pistas de Tenorio, Calvelo e Parada (250.000), Casanova e O Quinteiro (40.000), actuacións en Barro, Chamadoira e outros (120.000), novo acceso ao colexio de Carballedo (60.000), ensanchamento interno en Vilanova (45.000), accesos a Limeres e á potabilizadora de Cerdedo (94.738) e ensanchamento do Camiño do Quinteiro, en Tomonde (100.481).
Relacionadas:
-
Rematan os traballos do Plan de Vías en Quireza e comeza co ensanchamento en Limeres
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade executa a mellora integral da rede viaria de Chamadoira
Por Redacción |
-
O plan parroquial para Borela prevé a construción de dous depósitos de auga
Por Redacción |
-
O plan parroquial de Viascón, en marcha cun novo parque infantil
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade quere renovar a rede municipal de pistas
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade mellora a conexión entre Xesteira e Almofrei coa PO-233
Por Redacción |