Guillermo Juncal será o único candidato á presidencia local de Novas Xeracións
Por Redacción
Guillermo Juncal, será o único candidato á presidencia de Novas Xeracións de Pontevedra no VIII Congreso Local que se celebrará o vindeiro sábado, 10 de novembro.
Este luns, antes de rematar o prazo establecido pola comisión organizadora do congreso, Guillermo Juncal presentou os apoios necesarios para poder presentar a súa precandidatura, 17 concretamente, case o dobre dos necesarios para poder concurrir como precandidato, e dous máis dos necesarios para presentar a súa candidatura, prazo que rematará o vindeiro venres.
A celebración do VIII Congreso Local de Novas Xeracións de Pontevedra terá lugar na sede provincial do Partido Popular a partir das 11:00 horas deste sábado baixo o lema "Os mozos en Positivo" e contará coa participación do presidente local do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, do presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, e a presidenta de Novas Xeracións de Provincial de Pontevedra, Ana Cristina Pérez.
Ademáis a presidenta saliente, Seila Varela, será a encargada de informar sobre a xestión levada a cabo durante os últimos catro anos.
Guillermo Juncal xa adiantou que a secretaria xeral será Laura Gallego.
PERFIL DO CANDIDATO
Guillermo Juncal naceu en Pontevedra, en setembro de 1996, é estudante de cuarto curso do Grado de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Xunta da Facultade de Dereito e Claustro da USC, foi presidente da Asociación de Estudiantes "Foro de Alumnos de Dereito" e dende o ano 2012 é xogador do Mareantes Rugby Club de Pontevedra.