A Axencia de Turismo inspecciona a nova ruta "Monte e Praias"
Por Oskar Viéitez
Representantes da Axencia Turismo de Galicia inspeccionaron este martes a "Ruta Monte e Praias" que discorre polo Concello de Marín e que se acondicionou cun proxecto valorado en 31.422,73 euros.
Marín conta xa coa ruta das praias (8 quilómetros), a ruta do Monte Penizas (7 quilómetros) e a ruta dos cinco miradoiros (7 quilómetros).
O carreiro está sinalizado ao comezo e en varios puntos de posible incorporación con paneis co mapa e características da ruta.
Esta ruta ten 26 quilómetros na súa variante longa e 13 na curta. Discorre polo monte Penizas, río Loira, banco da Pastoriza, monte de Ardán e por todas as praias do municipio.
Por outra banda, o Concello de Marín lembra que este sábado terá lugar a última camiñada do ano, a ruta circular que subirá ao lago de Castiñeiras, cunha lonxitude de 12 quilómetros, e dificultade media-alta.