Cuntis convoca concentracións para reclamar a reposición do servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez
O alcalde do Concello de Cuntis, Manuel Campos, reuniu este martes á Xunta de Portavoces dos grupos da corporación municipal: Partido Popular, Partido Socialista, Veciñanza e BNG, e acordaron, por unanimidade, levar a cabo unha recollida de sinaturas na Casa do Concello para reclamar a reposición do servizo de Pediatría no centro de saúde de Cuntis.
Ademáis convocan unha concentración diante do centro de saúde o vindeiro venres día 9 de novembro ás 13.00 horas.
Dita concentración manterase todos os venres ata que se repoña o servizo de Pediatría.
Manuel Campos convocou esta reunión despois de ser informado polo xerente dos hospitais de Pontevedra e O Salnés que de momento non é posible a cobertura da praza de pediatra do centro de saúde de Cuntis que tamén dá servizo a Moraña.
Segundo o rexedor esta decisión "prexudica aos veciños do noso concello".