A Deputación achega fondos para a senda peonil polo río da Patela
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, un novo investimento destinado ao concello de Cuntis ao abeiro do Plan Concellos. Trátase esta vez dunha axuda de 38.805,31 euros para financiar unha senda peonil polo río da Patela.
Ademais destas cantidades, o goberno provincial a través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio.
En concreto, 265.935,73 euros na liña 1 destinados a financiar a eficiencia enerxética; o acondicionamento da cuberta do pavillón municipal; o acondicionamento de camiño rural Pista das Moreiras; a mellora do saneamento en Ducio e Portela; a mellora dos camiños rurais de Cuntis: Pista O Caeiro-Arcos e Pista Trasponte-Cuntis; a mellora tamén da pista N 640-Vilabar de Abaixo; o cambio de cuberta no edificio municipal; o acondicionamento de camiño rural no lugar de Trasponte; e tamén outro acondicionamento no camiño rural de acceso ao lugar de Vilar de Mato.
No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 46.016,45 euros para financiar as depuradoras do rural e equipos; a promoción turística do concello; a romaría do cabalo; a Feira do 18; as actividades deportivas; e Habilitas Fogar III. E tamén, outros 122.623,27 euros foron destinados á financiación da contratación de 12 traballadores que están a desempeñar funcións no municipio, dentro da liña 3 de emprego.
O goberno provincial destina este ano a Cuntis, a través do Plan Concellos, un total de 929.208,67 euros, un 73,74% máis que en 2017.
Relacionadas:
-
Cuntis e Bueu reciben achegas da Deputación para a redacción dun plan de mobilidade sustentable
Por Redacción |
-
Cuntis e A Estrada únense para pedir a mellora do viario entre Portela e Souto de Vea
Por Redacción |
-
Un roteiro literario recupera en Cuntis a figura de Roberto Blanco Torres
Por Redacción |