Falece Pedro García Limeses, ex presidente da Banda de Música de Pontevedra
Por Redacción
Pedro García Limeses, o coñecido pontevedrés que exerceu como presidente da Banda de Música de Pontevedra, ademais de ocupar varios postos de relevancia cultural na cidade, falecía durante as últimas horas e este luns foi enterrado no cemiterio de Benquerencia, en Lugo, onde descansan tamén os restos mortais da súa muller.
Segundo información facilitada pola familia, aínda non se concretou o día en que se celebrará un funeral na súa memoria en Pontevedra.
Pedro García Limeses tiña 72 anos e era un dos oito fillos de Augusto García Sánchez, alcalde de Pontevedra entre 1970 e 1974. Químico de profesión, desenvolveu parte da súa carreira profesional na empresa Ence, onde exerceu funcións, entre outras, de relación cos medios de comunicación.
Ademais de presidente da Banda de Música de Pontevedra, tamén era moi coñecido polo seu cargo como vicesecretario da Confraría da Peregrina, ademais de ser un gran afeccionado á música, formando parte da Coral Polifónica de Pontevedra e do coro do Instituto.