Marín pecha o Plan Concellos cunha aportación para camiños no rural
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar este luns un novo investimento para Marín no marco da liña 1 do vixente Plan Concellos.
O goberno de Carmela Silva aprobou unha achega de 198.169,83 euros para Marín que serán destinados á reposición de pavimentos en distintos camiños do rural da vila.
En concreto serán os camiños de Regueiras e Barronca; subida a Pereiro; e viarios en Cadrelo, Sobreiras, Bouza, Gaibas, Pereiriña, e Macenlle.
É a última achega do Plan Concellos deste ano para a vila que completa así os seus investimentos.
Este ano, a través do plan provincial, a Deputación de Pontevedra destinou a Marín 1.771.748,31 euros, un 72,49% máis que no exercicio anterior.