Unha marcha lembra en Poio que a vida do ciclista está "en metro e medio"
Por Redacción
"A vida en metro e medio". Así rezaba o lema da marcha reivindicativa protagonizada este sábado por un grupo de ciclista en Poio.
Así, un pelotón de afeccionados á bicicleta concentráronse na Seca e realizaron un percorrido pola PO-308 ata Raxó e volta equipados por unhas regras que medía os 1,5 metros de distancia de seguridade obrigatoria para realizar un adiantamento a unha bibicleta na estrada.
Estas regras ademais de medir o metro e medio de seguridade portaban outro lema: "Pola túa seguridade e a nosa, respecta a distancia".
O obxectivo dos participantes era concienciar, cunha ferramenta visual, sobre a importancia de respectar a distancia mínima que garante a seguridade de todos os usuarios, tanto de ciclistas como de condutores.
Esta iniciativa contaba coa organización e colaboración de diferentes colectivos e asociacións como a Policía Local de Poio, Help Flash, Garda Civil, Protección Civil, Concello de Poio, Pedaladas, Cruz Vermella, Fanpa e a Plataforma Galega pola Seguridade Viaria.