A Xunta destina axudas á modernización do sector comercial
Por Redacción
A Dirección Xeral de Comercio, da Xunta de Galicia, ven de publicar as axudas á dixitalización e modernización deste sector.
Así, 17 establecementos dos concellos de Barro, Pontevedra, Poio, Marín e Bueu, recibirán case 65.000 euros para que se adapten ás novas tendencias do mercado e para que sexan un motor de crecemento.
Na comarca do Salnés son 188.000 euros que beneficiarán un total de 24 comercios en Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e O Grove.
Os cartos destinaranse a implantar o actualizar páxinas web comerciais, mellorar a imaxe en liñas dirixidas á comercialización dos seus produtos, optimizar SEO, dispoñer de fotos de calidade profesional, implantar packaging para la venta en liña e implantar ferramentas de xestión e de redes sociais.
Ademais, os comerciantes, con estas axudas, tamén poderán levar a cabo obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venta de local comercial, adquirir mobiliario, mellorar a fachada exterior, adquirir ordenadores e dispositivos móbiles, e poñer en marcha accións de publicidade.