Festín cervexeiro na Praza do Teucro cunha nova edicion da Outubrofest
Por Redacción & Diego Torrado
Miles de litros de cervexa e centos de salchichas alemás comezáronse a servir en Pontevedra. Xa está aquí a Outubrofest que, como cada ano, organiza o Pontevedra Rugby Club na carpa instalada na Praza do Teucro.
Ata o domingo 4 de novembro, os pontevedreses poderemos gozar dunha festa que busca recadar fondos para financiar a actividade deportiva do club.
A pesar das novidades no seu menú, debido ao regreso da cervexa Paulaner, ademais da local Nasa, e á introdución dunha nova variedade de salchicha, os prezos mantéñense exactamente igual que en edicións anteriores.
A pinta de cervexa loura custa 3,50 euros, 4 euros a de trigo e torrada, e o litro ascende a 6 euros, 7 no caso das outras dúas variedades. En canto á comida, as opcións van desde os 3 euros do cachorro, os 6 euros a salchicha de medio metro, os 12 euros a dun metro e ou os 7 euros do codillo, entre outras opcións.
O horario da Outubrofest é ininterrompido de 12:00 a 0:00 horas.
Relacionadas:
-
Volve o Outubrofest, este ano con menú vegano e sen glute
Por Natalia Puga |
-
A Outubrofest desembarca na Praza de España
Por Manu Otero |
-
A Outubrofest trasládase á Praza de España na súa undécima edición
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A Outubrofest do Pontevedra Rugby Club celebra o seu décimo aniversario
Por Diego Espiño |