Comeza unha intensa campaña de descargas de pesca conxelada
Por Redacción
Na última semana intensificouse a actividade de descarga e almacenamiento de pesca conxelada nos diferentes frigoríficos do Porto de Marín coas operacións de varios buques que faenan fundamentalmente no caladoiro de Malvinas.
Arribaron a Porto procedentes de Port Stanley e logo dunha campaña de seis meses varios pesqueros de altura conxeladores con capturas maioritariamente de calamar patagónico. Trátase dos buques Igueldo e Baffin Bay, que deixarán en Porto máis de 2.000 toneladas de produtos conxelados.
Ao mesmo tempo, está operando en labores de descarga no Peirao Este con preto de 2.000 toneladas máis o Frio Ioanian, consignado por Suflernosa. A eles hai que sumar as descargas doutro buque conxelador que arribou nas últimas horas.
Trátase do Aruba, que procede do porto das Palmas e está consignado por Axencia Marítima Davimar.
A pesca conxelada que transportan tanto os pesqueiros como os mercantes frigorificos é capturada por buques asociados aos distintos frigoríficos asentados no porto de Marín que están faenando en caladoiros afastados, como son os de Malvinas ou Arxentina. Marín é un importante centro loxístico de recepción e procesado de pesca conxelada, cunha capacidade global de almacenamiento frigorífico que supera os 230.000 metros cúbicos e con varias plantas de tratamento e elaboración.