Falar sobre a cuestión da mortalidade, de morrerse, de que morran 'os nosos', da morte en definitiva non é exercicio frecuente nin tan natural como sería recomendable. Nestas datas de defuntos e Todos os Santos PontevedraViva Radio senta a catro invitados para charlar sobre iso e máis aló, ou máis acó, dependendo o discorrer da conversación.
Unhas enriquecedoras Conversas na Ferrería nas que o humor tampouco está exento da charla; a tradición e relación galega coa morte; as costumes, concepción e relación que coa morte teñen, especialmente nestes días, en México; os cambios -máis ou menos recentes - que se foron experimentando na sociedade coa apertura dos tanatorios ou as incineracións.
A expresión ou significación social que teñen os funerais ou os velorios. A 'boa morte', o medo á dor, os desexos - manifestados ou non - post mortem... moito que abordar cando se aborda a expiración.