Silva e Ramallo apostan pola "boa relación institucional" coa mellora de Concepción Arenal e do Parque Eguren
Por Redacción
As obras de humanización na rúa de Concepción Arenal xa finalizaron e, en breve, comezará a reforma do espazo de xogos infantís no Parque Eguren.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a alcaldesa de Marín, María Ramallo, realizaban unha visita este martes ás obras executadas. Un encontro que serviu para que a presidenta provincial destacase a relación de lealdade institucional entre a Deputación e o Concello de Marín e agradeceu a cordialidade de María Ramallo.
Neste sentido, a alcaldesa indicou que co Plan Concellos da Deputación acometéronse obras importantes en Marín. É o caso da rúa Concepción Arenal na que a Deputación achegou máis de 237.000 euros para ampliar as beirarrúas, renovar as redes de rede de sumidoiros e de augas pluviais, ademais da mellora da iluminación desta zona e da instalación de mobiliario urbano.
A presidenta da Deputación sinalou que está previsto que se leve a cabo agora a instalación dun novo espazo de xogos infantís no Parque Eguren cun investimento da institución provincial que supera os 161.000 euros.
Ademais, Carmela Silva anunciaba que o vindeiro luns 5 de novembro, a Xunta de Goberno da Deputación aprobará a última partida do Plan Concellos 2018 para Marín cun investimento de 200.000 euros para pavimentar diferentes viarios rurais do municipio. Segundo indicou, o Concello marinense recibiu este ano 1.772.748 euros, cun incremento do 72% respecto a 2017.
Relacionadas:
-
O espazo de xogos infantís do Parque Eguren crecerá máis do dobre
Por Oskar Viéitez |
-
Marín recibe axuda da Deputación para mellorar Ezequiel Massoni mentres agarda pola estrada de Aguete
Por Oskar Viéitez |
-
As obras na rúa Concepción Arenal comenzarán despois do Nadal
Por Oskar Viéitez |
-
Marín pecha o Plan Concellos cunha aportación para camiños no rural
Por Oskar Viéitez |
-
Marín segue aumentando as súas rúas urbanizadas coa vista posta en Cantodarea
Por Oskar Viéitez |
-
Marín recibe 40.000 euros para arranxar o vieiro de praias a San Blas
Por Redacción |