O Concello asina novos convenios con Rexurdir, Amencer-Aspace, Amizade e Alba
Por Redacción
Un total de 112.000 euros. É o valor total dos convenios que o Concello de Pontevedra asinará con catro entidades sociais da cidade: Rexurdir, Amencer-Aspace, Amizade e Alba.
Así, 28.000 euros serán para Rexurdir, unha asociación de axuda ao toxicómano; outros 24.000 euros para Amencer-Aspace, especializada na atención a persoas con discapacidade psíquica; 52.000 euros serán para Alba, a asociación de familiares e amigos de enfermos psíquicos; e 8.000 euros para Amizade, que traballa con persoas con discapacidade.
A regularización desta colaboración é por catro anos, prorrogables por outros catro, ano a ano.
As entidades poderán así programar e planificar as súas actividades con antelación e con continuidade no tempo, segundo destacou o portavoz do goberno, Raimundo González.
O Concello quere manter este importante compromiso coas entidades, ao entender que realizan un gran labor social na cidade.