42 postos de flores animarán o mercado de Todos os Santos na Ferrería
Por Redacción
Pontevedra repetirá unha estampa habitual nestas datas: o mercado de flores que se instala na Praza da Ferrería con motivo da festividade de Todos os Santos.
O goberno municipal explica que nesta ocasión serán 42 os postos de venda que estarán neste mercado, que estará aberto os días 31 de outubro e 1 e novembro.
As vendedoras do mercado de flores son produtores de proximidade, destacando entre eles, polo seu número, os que veñen da parroquia pontevedresa de Campañó e dos veciños concellos de Poio e Barro.
Haberá tamén produtores de distintas partes do municipio e chegados de diferentes concellos da provincia como Marín, Sanxenxo, Vilaboa, Cangas, A Guarda ou Tomiño.
Nas próximas horas pintarase os espazos para os distintos postos de venda, que poderán instalarse a partir das dúas da madrugada do mércores.
Relacionadas:
-
O prazo para solicitar un posto no mercadiño de flores de Todos os Santos abre este luns
Por Redacción |
-
O mercado das flores reducirá o número de postos na Ferrería por protocolo sanitario
Por Redacción |
-
O 15 de outubro abre o prazo para obter un posto no mercadillo de flores de Todos os Santos
Por Redacción |
-
O Mercado da Ferrería acolle menos flores que outros anos
Por Mónica Patxot |
-
O aroma das flores inunda A Ferrería
Por Redacción & Mónica Patxot |