Unhas 250 persoas reclaman un paseo ciclista e peonil entre Pontevedra e Marín
Por Redacción & Diego Torrado
Na mañá deste domingo levouse a cabo a "Bicifestación", unha marcha en bicicleta para reclamar un paseo ciclista e peonil entre Pontevedra e Marín.
Segundo informaron dende Pedaladas, a asociación convocante desta protesta, "a participación superou amplamente a previsión" con máis de 250 persoas "a pesar de que a climatoloxía non foi a mellor".
Case todo foron familias con nenos, persoas maiores ou persoas con diversidade funcional e case a totalidade en bicicleta, xa que "os peóns non chegaron ás dúas decenas", sinalaron.
Dende Pedaladas consideran que o paseo ciclista e peonil de Pontevedra a Marín coa extensión ata Aguete "vai ser un revulsivo na mobilidade ciclista na comarca, vai permitir usar a bici sen importar idade ou condición física e vai ser un gran atractivo turístico que fomente unha economía sustentable.
Para iso, engadiron, o goberno do estado e os concellos "deberán poñerse a traballar".
Relacionadas:
-
Pedaladas convoca unha 'bicifestación' para preguntarlle a Pontevedra "que pasa coa bici"
Por Alejandro Espiño |
-
Pedaladas quere que Ence abra unha vía de servizo para acceso de camións na PO-11 entre Marín e Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pedaladas trasladará as súas demandas á subdelegada do Goberno
Por Oskar Viéitez |