De paseo literario con María Victoria Moreno

Por Redacción
Un paseo literario polos espazos que inspiraron algunhas das obras de María Victoria Moreno e a inauguración dun mural na Avenida de Eduardo Pondal serviron este sábado de homenaxe á escritora pontevedresa, da que o Concello vén de editar un selo conmemorativo que se pode solicitar no terceiro piso da sede municipal na rúa Michelena 30.
O último dos Paseos pola Pontevedra Literaria estivo guiado por Ana Acuña e Fina Casalderrey.
O percorrido arrincou da ponte da Avenida de Vigo, onde desde hai anos loce unha placa conmemorativa da autora, veciña desta mesma rúa. Agora desde esta ponte tamén se poderá contemplar o mural da ilustradora Tania Solla, plasmado na parede por Polo Correo do Vento.
Familiares de María Victoria Moreno participaron nesta actividade que promoveu o Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Relacionadas:
-
Un ano das letras galegas cheo de amor cara a profesora María Victoria Moreno
Por Anxo Lourido |
-
Un roteiro con Ana Acuña e Fina Casalderrey para inaugurar o mural de María Victoria Moreno
Por Redacción |
-
O mural de María Victoria Moreno toma forma en Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
Protagonismo literario nas visitas guiadas programadas por tres cemiterios singulares
Por Oskar Viéitez |
-
Un gran mural recordará a María Victoria Moreno en Eduardo Pondal
Por Alejandro Espiño |