O Concello destinará á billarda os antigos terreos do campo de fútbol de Praceres
Por Redacción
O Concello de Pontevedra instalará os dous primeiros campos de billarda do municipio en Praceres, na parroquia de Lourizán.
Serán unhas instalacións que consisten nunha explanada de 50x20 metros cada unha, onde se instalarán dous varais de 3,50 metros de altura por onde hai que meter a billarda.
Lourizán celebra o vindeiro 10 de novembro un campionato de billarda e o goberno local confía en poder acometer a instalación antes desa data.
Os campos estarán instalados nos terreos do anterior campo de fútbol de Praceres, logo de solicitarlle a autorización a Costas para a súa instalación.