A Outubrofest do Pontevedra Rugby Club celebra o seu décimo aniversario
Por Diego Espiño
Volve a Outubrofest. A popular celebración organizada polo Pontevedra Rugby Club (PRC) cumpre 10 anos de vida, "los mismos que el club", recoñeceu este venres o seu presidente, Félix Álvarez.
A Praza do Teucro é de novo o lugar escollido para habilitar a carpa gastronómica, na que terán especial protagonismo a cervexa e as salchichas alemás entre o mércores 31 de outubro e ata o domingo día 4 de novembro.
"Además de sacar una parte importante del presupuesto del club nuestra intención es dinamizar la ciudad", sinalou Álvarez.
A pesar de varias novidades no seu menú, debido ao regreso da cervexa Paulaner, ademais da local Nasa, e á introdución dunha nova variedade de salchicha, "los precios se mantienen exactamente igual", confirmou o presidente do PRC. Desta forma a pinta de cervexa loura custará 3,50 euros, 4 euros a de trigo e torrada, e o litro ascenderá a 6 euros, 7 no caso das outras dúas variedades. En canto á comida haberá maior variedade "desde los 3 euros del perrito", 6 euros a salchicha de medio metro, 12 euros a dun metro e 7 euros o codillo, entre outras opcións.
Nesta edición o Pontevedra Rugby Club recoñecerá o traballo dun novo club de base da cidade, o CAB Baloncesto Pontevedra.
A inauguración da décima Outubrofest terá lugar ás 14:00 horas do mmiércoles 31, cun horario de apertura da carpa ininterrompido cada unha das xornadas de 12:00 a 0:00 horas.