Sanxenxo remodelará o campo de fútbol de Dorrón

Por Redacción
O campo de fútbol de Dorrón é, actualmente, o único campo de terra que queda en Sanxenxo. Pero esa situación cambiará moi pronto, xa que o goberno municipal ultima un proxecto de remodelación que consiste en dotalo de herba artificial.
A día de hoxe, o campo ten unhas dimensións de 94 metros de longo por 56 metros de ancho. A directiva do club de futbol de Dorrón negociou a compra de dúas parcelas de 95 e 45 metros cadrados respectivamente para poder amplialo, de maneira que poida chegar a alcanzar os 100 metros de longo e os 60 metros de ancho.
Ademais do terreo de xogo, a remodelación na que traballa o goberno inclúe novos equipamentos para o campo, vestiarios novos e unhas bancadas con capacidade para 300 persoas.
O investimento previsto é de 424.000 euros procedentes do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
En Dorrón, ademais, a asociación de veciños está a coordinar as negociacións cos propietarios as cesións necesarias para crear unha ruta de sendeirismo ao longo do río que desemboca na praia de Areas.
Polo curso do río hai catro muíños que xa están rehabilitados e mesmo un deles, o muíño da Costa, funciona. Os outros tres muíños son o de Quintáns e o de Felipe no Outeiro e o de Barreiro, que está practicamente onde nace o río.
Ata agora conseguíronse cesións por parte de 100 propietarios, pero quedan case 300 máis cos que hai que falar.
Relacionadas:
-
Malestar na directiva do Dorrón por outro retraso na remodelación do campo de fútbol
Por Manu Otero |
-
A reforma do campo de fútbol de Dorrón será financiada a cargo do orzamento municipal
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo mellora o proxecto do novo campo de fútbol de Dorrón
Por Redacción |
-
O Plan Concellos renova as marquesiñas de Sanxenxo
Por Redacción |
-
A Deputación destina máis de 135.000 euros para renovar redes de abastecemento en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Comezan as cesións para as sendas de Dorrón e Fabaiños
Por Oskar Viéitez |